lunes, 31 de octubre de 2011

Case 5 millóns de parados

Segundo a EPA (enquisa de poboación activa) son xa 4.978.300 os parados en España. Isto supón unha tasa de paro do 21,5%, con 1,4 millóns de fogares onde ninguén traballa, e 2,3 millóns de parados que levan buscando emprego máis dun ano sen atopalo. E entramos nos meses nos que se destrúe máis emprego (polo fin da tempada turística). ver noticia completa en El País

España entre os países con maiores desigualdades entre ricos e pobres

As desigualdades entre os españois acadan o seu valor máis alto debido ao paro, a baixada dos salarios e o fin dalgunhas prestaciónes. ver noticia completa en El País

domingo, 23 de octubre de 2011

Quince vendas que lle custaron 29.000 millones a Galicia


Empresas galegas como Banco Pastor, Fadesa, Audosa, Fenosa, R, Ence, Clesa, SanLuis, e moitas máis pasaron a mans de empresas de fóra da nosa comunidade, polo que o control sobre os investimentos e postos de traballo non está en centros de decisión galegos. Co control de NovaGalicia Banco (o NCG) por parte do FROB e a súa previsible venda futura a algún grupo financieiro forte de España, quedaríamos sen entidades financieiras propias.

ver noticia completa na Voz