martes, 31 de enero de 2012

Taxa de paro segundo a EPA

na páxina do INE (Instituto Nacional de Estatística) podemos ver os datos de poboación activa, poboación en paro, taxa de paro, taxa de actividade, etc. que figuran na última EPA (enquisa de poboación activa)
Entra no seguinte enlace e busca os datos figuran abaixo
http://www.ine.es/jaxi/menu.do?type=pcaxis&path=/t22/e308_mnu&file=inebase&N=&L=0
(ANEXO TABLAS)
  • Nº de activos (poboación activa)
  • Nº de ocupados
  • Nº de parados
  • Taxa de actividade
  • Taxa de paro a Dec.2011
Colleita os mesmos datos para Homes e para Mulleres e saca conclusións.
Por último fai o mesmo para Galicia (en xeral, non é necesario dar datos por separado de homes e mulleres), esta información en outras follas do mesmo documento de Excel.

 

viernes, 27 de enero de 2012

EXERCICIO DE CIFRAS DE PARO



 
Datos do Servizo Público de Emprego (antigo INEM)
Descarga el informe de “Evolución del paro registrado por sexo, edad y sectores económicos”  de decembro de 2011 (ou se é posible outro máis recente). E busca:
  • Nº de parados en total, homes e mulleres.
  • Aumento do nº de parados no último mes.
No informe “Evolución del paro registrado por Comunidades Autónomas” mira a evolución do paro en Galicia comparado coa das outras comunidades autónomas e coa media nacional.
En “Datos de Series anuales (2002-2011)” – “Paro registrado por sectores.”, mira o dato de paro que había en decembro dos anos: 2007, 2008, 2009, 2010, e 2011.
Elaborade unha gráfica en Excel con todos os datos que van de decembro 2007 a decembro 2011 (ou o último dispoñible)
Mira algún outro dato de calquera informe que consideres de interese e coméntao.